En Entremedias dispoñemos de dron para captar espectaculares imaxes aéreas tanto en vídeo como en foto. Desde 2016 formamos parte do rexistro de operadores da Axencia Estatal de Seguridade Aérea. No listado da AESA figura César Galdo Paz como operador responsable, ademais de ser o piloto.
Usamos o dron con sentidiño. E con isto queremos dicir que nos cinguimos ás condicións de seguridade impostas pola normativa pero tamén á maneira en que o empregamos. Nos últimos tempos vemos imaxes aéreas por todos lados. Todas son espectaculares pero, porén, semellan máis un lucimento de quen controla a aeronave que unha perspectiva razonada e xustificada previamente polo contido que se queira transmitir.
Non somos acróbatas nin pilotamos un aparello de carreiras, o noso é comunicar e ofrecer imaxes que respondan a unha necesidade concreta alén do espectáculo visual.
Nestes momentos contamos con dúas aeronaves: un Phantom 2 con cámara GoPro e un Phantom 4 con cámara propia, capaces de gravar imaxe 4K e, no caso do segundo equipamento, tamén fotografías en formato DNG sen compresión. E se non é suficiente para as túas necesidades, tamén contamos con empresas colaboradoras autorizadas pola AESA coas que poderemos atender calquera esixencia para vídeo e fotografía.
Promo da nova área recreativa de Currás - (2017) Concello de San Sadurniño