A imaxe domínao todo. Pero a palabra segue sendo o xeito principal de nos comunicar. As empresas e as institucións teñen ao seu alcance moitas maneiras de chegar ao seu público de forma inmediata. A tecnoloxía fíxoo todo máis fácil e efectivo sempre que haxa por detrás unha mensaxe ben construída.

A iso, a construír mensaxes, tamén nos dedicamos. Mensaxes á túa medida e á da xente coa que queres conectar. ¿E que facemos para axudarche a conectar?. Apunta:


  • Creamos campañas de comunicación multiplataforma, que funcionen en distintos medios.
  • Redactamos contidos para soportes impresos, audiovisuais e en internet.
  • Xestionamos por ti e para ti redes sociais e web, axudándoche a construír a túa imaxe de marca ou persoal, a mellorar a túa reputación en liña e, de ser o caso, levando a comunicación en momentos de crise.
  • En relación co anterior tamén podemos ofrecerche os servizos dun gabinete de comunicación que organice encontros de prensa, que faga convocatorias, que redacte e envíe notas e dossieres e que, ademais, se ocupe da contratación publicitaria e do seguimento de resultados.
  • Como verías na parte de audiovisual, sabemos gravar e editar anuncios para televisión, cuñas de radio e vídeos que funcionen ben en facebook, twitter, instagram ou whatsapp.
  • Mesmo somos capaces de transmitir calquera evento por internet con realización multicámara: congresos, deportes, actuacións musicais, etc.