O audiovisual é o campo no que temos unha maior especialización. Contamos con profesionais  no ámbito da guionización, a realización, a gravación e a edición de produtos específicos para canles determinadas -televisión, streaming e redes sociais- ou cunha difusión multiplataforma que esixa varias versións dunha mesma mensaxe.

Entremedias é unha palabra que condensa precisamente iso, o entender a comunicación como unha mensaxe precisa que na actualidade se transmite por múltiples canles con linguaxes e formatos distintos.

Que servizos ofrecemos?

  • Planificación e produción de vídeos corporativos e sociais
  • Realización de documentais e ficción
  • Realización e emisión de vídeo ao vivo a través de internet: facebook, twitter/periscope, web, etc.
  • Gravación de eventos con equipos ENG propios para produtoras e cadeas de televisión
  • Gravación con equipos de vídeo DSLR
  • Gravación con equipamento 4K estabilizado aéreo e en terra
  • Timelapse e hyperlapse
  • Gravacións específicas a alta velocidade e/ou con cámaras deportivas GoPro
  • Cambios de formato:  vhs/beta a vídeo HD, 8mm e S8mm a vídeo HD e incluso podemos pasar as túas vellas cintas a FULL-HD mediante procesos de interpolación dixital.
  • Campañas radiofónicas, cuñas e megafonías


Equipamento dispoñible

  • Cámara profesional JVC GY-HM800E Full-HD
  • Cámara profesiona JVC GY-HD201E ata 1080i
  • Cámara estabilizada DJI-Osmo (Z-Axis+ soportes) 4K 25fps e ata 120fps en 1920x1080
  • 4 GoPro con accesorios para distintas actividades, incluído estabilizador dixital Feiyu-G4
  • Dron DJI Phantom 4 (rexistro como operador en AESA) 
  • Microfonía Sennheiser sen fíos e micrófono Rhode direccional
  • Equipo fotográfico Canon para vídeo DSLR: Magic Lantern e ópticas 70-200L IS 2.8, 16-35L 2.8, 17-85 EFS 4/5.6 e EF 50mm 1.8
  • Steadicam Merlin 2 para DSLR
  • Paneis de iluminación LED regulables
  • 2 Trípodes Vinten Pro


Algúns dos nosos traballos:


"En memoria de Bieito Sanmarful" - Booktrailer


"A avespa asiática, unha ameaza ambiental"


"Os amos do mundo"

"Resume do proxecto europeo ECMYNN"

"Remodelación da área recreativa de Currás"

"Centro municipal de empresas de S. Sadurniño"

Promo do I Trail Concello de San Sadurniño

Promo do I Chanfaina Lab

"De ratos e nenos"

Promo XXIV Festival do Río Castro

Resume do XXIII Festival do Río Castro

"Lembranzas asolagadas"

"A verdade nunha man pechada"

"Discoverer Enterprise"

"Ataques de avespas asiáticas a unha colmea"

Promo do guateque "Ghastas pista?" 2012

Promo do guateque "Ghastas pista?" 2013




 
Llamada
Email